fotosintese

 

Corria o mes de Setembro do 2014 cando un grupo de afeccionados a fotografía, despois dun mes de compartir experiencias e aprendizaxes, fumos quen de tomar a libre decisión de agruparnos para proseguir nunha andaina que nos parecía necesaria e divertida.
Sorteamos as vicisitudes burocráticas e entre cafés, cervexas, risas e ilusións empezamos un traballo que despois de case dezaoito meses podemos decir que ten dado os seus froitos e a día de hoxe duplicamos o numero de asociados, fixemos exposicións colectivas, montamos obradoiros, colaboramos con outras entidades, sufrimos un pouco, tivemos horas de tensión, de ledicia, de saber ceder e de manternos.
O camiño prosigue, as ilusións manteñense, os proxectos vanse materializando e outros novos empuxan con forza. Sabemos das dificultades, pero tamén temos fé nas nosas posibilidades e as ganas de mellorar, aprender e aportar un pouco de luz a fotografía de Ourense son moitas.