Actividades

O 2020, trouxo moitas cousas negativas en todolos terreos, principalmente na saúde e no económico e esto repercutiu e sigue facendoio en todolos sectores e no da imaxe non ía ser menos. Pero dende FotoSíntese tentamos seguir aportando o noso pequeno esforzo e non deixar de traballar e disfrutar. Aquí tedes a nosa obra colectiva do 2020. Concebida moito antes de que todo esto da pandemia tivera lugar. Este mes en colaboración cos nosos incansables amigos de Potiños do Carballiño e dentro do seu Arenteiro Fotográfico 2020 vai estar exposta na Casa do Concello do Carballiño. Xa sabemos que existen restriccións de mobilidade e de distancia social, pero somos optimistas e seguro que ao longo deste mes, con todalas medidas de seguridade e respetando as normativas vixentes poderedes achegarvos ao Carballiño a disfrutar dela.