Publicado el 1 comentario

Teño unha aldea

Inauguración da exposición “TEÑO UNHA ALDEA”

Ana Valado
Ourense
04/11/2016

O día 2 de novembro tivo lugar no Espazo Xove de Ourense a inauguración da Exposición de Fotografía “Teño unha aldea” protagonizada polos membros da Agrupación FotoSíntese. As oito da tarde a sala expositiva da Casa da Xuventude abría as súas portas para que, a través das miradas dos 17 artistas, a xente poidese trasladarse ás aldeas dos seus antergos coas tradicións e os raizames galegos. O público buscará nestas obras o seu propio “teño” interior. Na inauguración, con gran afluencia de público, o presidente da agrupación, Luís Álvarez agradeceu a asistencia os alí presentes.

Un ano máis, e xa van tres, FotoSíntese participa co seu traballo no festival galego de fotografía Outono Fotográfico “Dentro e Fóra” que este ano acada a súa trixésimo cuarta edición.

As 34 fotografías poderán verse neste espazo cultural dende o 2 de novembro ata o 30 de novembro en horario de 19.30 a 21.00.

 

1 comentario en “Teño unha aldea

  1. Un gran traballo plasmado en fotografías do rural galego. Un saúdo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.